Radio "Son Galicia Radio"

sábado, 5 de diciembre de 2009

A nova voz de Berrogüetto

Fonte: A Nosa Terra


Son máis de dez anos de vida e numerosos premios cos que conta o grupo Berrogüetto. O 25 de Xullo actuarán en Santiago de Compostela no Festigal 2008.


Desde xa hai uns anos, o Festigal desembarcou na cidade de Santiago de Compostela para encher de música e festa o día da Patria Galega. Este ano conta cun cartel cheo de concertos e actividades paralelas ao longo dos días 24 e 25 de xullo.

Berrogüetto actuará o próximo venres despois de introducir a voz de Xabier Díaz tras a marcha de Guadi Galego. Máis tamén comparten cartel no venres co cubano Pablo Milanés, e os galegos Victor Aneiros e Quempallou.

O xoves 24, os concertos estarán protagonizados por International Noise Conspirancy, Lamatumbá, nao e Caravan Palace.

Berrogüetto presenta o single 'Danza de Meirol'

Fonte: A Nosa Terra


Redacción . Berrogüetto presentará en 2010 o seu quinto disco, 'Kosmogonías' do que dará a coñecer mañá en www.mundo-R.com o single 'Danza de Meirol'. A canción poderase descargar de balde nesa dirección.

Kosmogonías é o quinto traballo de Berrogüetto co que viaxe ao seu punto de partida por excelencia, ao Big-Bang, ao triunfo da materia sobre a antimateria. Este quinto traballo no que Xabier Díaz pon a voz en clave masculina, é unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto no que a agrupación reúne todas as vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar o seu entorno.

Avance na web de R
O primeiro single que se extraerá de Kosmogonías será Danza de Meirol, que se poderá descargar de xeito gratuíto na web de R www.mundo-R.com dende o 26 de novembro. Esta peza está baseada na tradición e recuperada grazas ao traballo de campo habitual de Berrogüetto, mediante o que compila os sons e as voces de Galiza, en moitas ocasión vivos só de maneira oral.